EN CONSTRUCCIÓN

07/09/2007

12007 é o título da nova curta de Contacontos Producciones. Con guión e dirección de Diego Torres, esta curtametraxe narra a historia dun encontro. Un encontro entre dúas persoaxes diametralmente opostas pero que comparten un sinfin de inquietudes, obxectivos vitais, metas e, coma non, sonos. A curta, subvencionada pola Xunta de Galicia, conta cun 70% de capital privado.

12007 rodouse principalmente durante a primeiras semán de setembro e contou cun amplo equipo técnico e humán sen o cal non podería ter chegado a bo fin. Para os exteriores, rodouse en loalizacións espalladas por toda a provincia de Pontevedra e para os interiores nun "plató" da capital do Lérez no que invertíronse moitos días de traballo para convertirlo no que realmente tiña que ser: un laboratorio. Se cadra xa estamos adiantando máis da conta así que, polo de pronto, non imos contar nada máis.

Polo momento, este blog está en fase de contrucción e aínda non están activadas a maior parte das funcións que terá pero, polo de pronto, xa podedes ir vendo algunhas das fotos da rodaxe de 12007. Co paso dos días e das semáns poderedes ir atopando activadas novas funcionalidades como o visionado do trailer, o dossier da curta, etc, etc pero, como os diciamos antes, o de hoxe é só un pequeno adianto do que poderedes ver en breve.

Sem comentários: