SEGUNDA FASE DA RODAXE DE 12007

11/10/2007


A produtora galega Contacontos Producciones inicia hoxe en Pontevedra a segunda etapa da rodaxe da curtametraxe de ciencia-ficción “12007”. Esta curta, inspirada nun relato do galego Rafael Dieste e dirixida pola pontevedrés Diego Torres, narra o encontro entre dúas persoaxes diametralmente opostas pero que teñen un obxectivo común: coñecer como evolucionará a humanidade e a sociedade en 10.000 anos.

Para contar esta viaxe no tempo, o equipo de 12007 decidiu utilizar a cidade e a provincia de Pontevedra como plató e, durante a primeira semana de setembro, grabou diversas escenas e secuencias en localizacións como Cabo Home, Monte Facho ou as pontevedresas prazas da Ferrería ou da Peregrina. Nesta segunda e definitiva etapa da rodaxe que hoxe comeza, e que durará 3 días, o equipo de 12007 traballará fundamentalmente no set construido para tal fin na capital do Lérez.

A curta, subvencionada pola Xunta de Galicia, conta cun 70% de capital privado e estará protagonizada polos actores galegos Xosé María Tanas e Xosé Manuel Esperante. Para a realización deste proxecto, grabado en 35 milímetros (formato cine), Contacontos Producciones contou cun equipo de máis de 30 persoas entre Equipo de Son, Equipo de Arte, Maquillaxe e Perruquería, Equipo de Producción e Deseñadores gráficos.

Contacontos Producciones Cinematográficas realizou, durante o pasado ano, outros traballos audiovisuais como a curta “Xan, a despedida”, protagonizada polo galego Marcos Correa e que estreouse a pasada fin de semana no Festival Mivivo 2007, ou a producción “Feira Franca, Maxia na Rúa” distribuída con motivo da celebración en Pontevedra da edición 2007 da súa Feira Franca.



DIEGO TORRES

Comezou a sua carreira audiovisual ben novo no teatro. Tras completar o ciclo superior de audiovisuais, forma parte da primeira xeración de Escola Galega de Cine. A súa tese de gradación, “Ansío”, pasou a estar nominada aos premios Mestre Mateo no ano 2003.

Á saída da Escola, traballa un tempo no campo da publicidade a cargo de realizadores publicitarios do nivel de Michael Shelley ou Pablo Vallejo, entre outros. Tralo seu paso polo mundo da publicidade inclínase de xeito definitivo polos 35 mm. Traballa da man de Juan García Prieto, director artístico de “Habana Blues”.

Continúa a súa formación na Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, en Cuba, cun curso de dirección escénica coa Directora do Teatro Mio, unha reputada compañía cubana. Tamén alí fixo un curso baixo a batuta do belga Pattrick Cattrysse, asesor europeu do Sundance Institute.

No último ano realizou a montaxe dunha serie de documentais para o futuro Museo de Bomberos de Alcoi, o documental “Ciclo Combinado” sobre o pobo mineiro de As Pontes e dirixíu o programa piloto “Fenda 7” para Contacontos P.C.

Sem comentários: