"12007." NOS MEDIOS

27/08/2008


Neste post e, con algo de retraso, imos ensinarvos un breve muestrario da repercusión que a presentación de "12007." tivo en medios de comunicación como La Voz de Galicia, o Diario de Pontevedra ou o Faro de Vigo. Para velos con detalle só tedes que pulsar en cada unha das opcións: 12007 Diario, 12007 Voz e 12007 Faro

Leer máis...

"12007." NO CINEMA NA LÚA

30/07/2008



Mañá xoves 31 de xullo proxéctase, ás 22:30 horas na Praza de Mugartegui, dentro do programa Cine na Lúa organizado polo concello de Pontevedra para as festas de verán 2008, a curtametraxe "12007" da produtora galega Contacontos P.C., xunto á película "Ocean´s Thirteen". A curta, recentemente presentada aos medios da capital do Lérez, está dirixida polo pontevedrés Diego Torres e aborda, dentro do xénero da ciencia-ficción, como será o mundo dentro de 10.000 anos.


A curta, rodada en diversas localizacións da provincia de Pontevedra e subvencionada pola Xunta de Galicia, contou cun 70% de capital privado e está protagonizada polos actores galegos Xosé María Tanas e Xosé Manuel Esperante. Para a realización deste proxecto, grabado en 35 milímetros (formato cine), Contacontos Produccións contou cun equipo de máis de 30 persoas entre Equipo de Son, Equipo de Arte, Maquillaxe e Perruquería, Equipo de Producción e Deseñadores gráficos.


Contacontos P.C. realizou, durante o pasado ano, outros traballos audiovisuais como a curta “Xan, a despedida”, protagonizada polo galego Marcos Correa ou a producción “Feira Franca, Maxia na Rúa” distribuída con motivo da celebración en Pontevedra da edición 2007 da súa Feira Franca.

Leer máis...

PRESENTACIÓN DE 12007

21/07/2008

O vindeiro mércores 23 de xullo, ás 11:00 horas, terá lugar, na Sala de Conferencias da 4ª planta do Centro Cultural Caixanova (Rúa Augusto González Besada 2 e 4), a presentación aos medios de comunicación da curtametraxe "12007" da produtora galega Contacontos Produccions Cinematográficas. O acto contará coa presencia do director da curtametraxe, Diego Torres, e o produtor executivo da mesma, David Alvariño.

Leer máis...