REMATOU A RODAXE

15/10/2007


Despois de varios días de traballo por fin podemos anunciar que rematou a rodaxe da nova curta de Contacontos Producciones "12007". Dende o pasado xoves e ata onte domingo (no que se gravaron aínda algúns recursos) o equipo de Contacontos que traballa nesta curta estivo rodando en distintas zonas da cidade de Pontevedra (como a Praza da Ferrería ou a rúa 12 de novembro) así como no set de interiores montado para tal fin nun local da capital do Lérez. Ademais do traballo de rodaxe, foi tempo tamén de falar cos medios de comunicación e contarlles cousas sobre "12007". Durante estes días iremos colgando neste blog os artigos que saíron nos xornais sobre a curta pero, como adianto, imos poñer a entrevista que, o pasado mércores, fíxolles a Cadena Cope ao director de 12007, Diego Torres, e ao produtor executivo da mesma, David Alvariño.


Sem comentários: